Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43064

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2017 pola que se modifica o ficheiro de protección de datos de carácter persoal número 27, denominado Ficheiro de investigación histórica sobre os procesos de represión política durante a Guerra Civil en Galicia.

Mediante a Resolución do 14 abril de 2011 creouse o ficheiro nº 27, de protección de datos de carácter persoal, denominado Ficheiro de investigación histórica sobre os procesos de represión política durante a Guerra Civil en Galicia, e que foi publicado no DOG do 23 de maio de 2011.

O Grupo de Investigación destinatario do ficheiro vai realizar máis investigacións que exceden o concreto contido definido no ano 2011, polo que procede unha ampliación da súa finalidade e, polo tanto, da súa denominación e dos colectivos dos que se pretende obter datos.

Isto supón unha modificación parcial do ficheiro, en concreto da descrición do ficheiro na súa denominación e nas alíneas a) Identificación do ficheiro, f) Tipos de datos que se incluirán no ficheiro, g) Descrición detallada da finalidade do ficheiro e usos previstos, da alínea i) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resultan obrigados a subministralos.

Non obstante o anterior e para evitar ter que consultar dúas resolucións sobre o mesmo ficheiro, procede integrar na presente resolución toda a descrición do ficheiro, tanto os textos modificados como os que permanecen inalterables.

Deste xeito, modifícase o ficheiro nº 27, denominado Ficheiro de investigación histórica sobre os proceso de represión política durante a Guerra Civil en Galicia, que pasa a denominarse Ficheiro de investigación histórica sobre os procesos de represión política durante a Guerra Civil en Galicia e sobre o pasado recente da xente común.

Na súa virtude, e co fin de dar cumprimento ao mandato legal do artigo 20 da LOPD, sobre creación ou modificación de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal xestionados pola Universidade de Santiago de Compostela, e de lles asegurar aos administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos, esta reitoría

RESOLVE:

Artigo 1. Obxecto da modificación

Mediante a presente resolución da Universidade de Santiago de Compostela modifícase o ficheiro de datos de carácter persoal nº 27, denominado Ficheiro de investigación histórica sobre os procesos de represión política durante a Guerra Civil en Galicia, que pasa a denominarse Ficheiro de investigación histórica sobre os procesos de represión política durante a Guerra Civil en Galicia e sobre o pasado recente da xente común.

Artigo 2. Contido

A descrición do ficheiro contense no anexo desta resolución, en que se indica o nivel de medidas de seguridade, en aplicación do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 3. Regulación

O ficheiro que se indica no anexo rexerase polas disposicións xerais e instrucións que se detallen, e estará sometido, en todo caso, ás normas legais e aos regulamentos de superior rango que lle sexan aplicables.

Artigo 4. Non supresión de ficheiros

A aprobación desta resolución non supón a supresión de ningún ficheiro de datos de carácter persoal, polo que non é necesaria a aplicación do disposto no artigo 20.3 da LOPD.

Artigo 5. Cesións

Ademais das cesións previstas para o ficheiro, poderanse realizar cesións sempre que así se recolla nunha norma ou para os efectos de lles remitir datos aos servizos estatísticos, tanto estatais como da comunidade autónoma, para o desenvolvemento das funcións propias destes servizos ou entidades e cos límites establecidos na lei.

Artigo 6. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Ficheiro nº 27 (Ficheiro de investigación histórica sobre os procesos
de represión política durante a Guerra Civil en Galicia e sobre o pasado
recente da xente común)

a) Identificación do ficheiro:

Ficheiro de investigación histórica sobre procesos de represión política durante a Guerra Civil para crear unha base de datos de persoas afectadas e vítimas da Guerra Civil e sobre o pasado da xente común entre Europa e América para crear un catálogo de fondos orais do Departamento de Historia.

b) Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro:

Vicerreitoría de Investigación. Universidade de Santiago de Compostela.

Praza do Obradoiro (Colexio de San Xerome) s/n.

15782 Santiago de Compostela.

A Coruña.

c) Órgano, servizo ou unidade en que se deberán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Vicerreitoría de Investigación. Universidade de Santiago de Compostela.

Praza do Obradoiro (Colexio de San Xerome) s/n.

15782 Santiago de Compostela.

A Coruña.

d) Carácter informatizado ou manual estruturado do ficheiro:

Mixto.

e) Medidas de seguridade:

Medidas de nivel alto.

f) Tipo de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro:

– Datos de persoas obxecto da investigación:

• Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, datos académicos e profesionais.

• Datos especialmente protexidos: datos de ideoloxía, afiliación sindical.

Outros datos: infraccións penais e administrativas.

– Datos dos usuarios do ficheiro:

• Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, DNI, datos académicos e profesionais.

•Datos de contacto: enderezo de correo electrónico.

g) Descrición detallada da finalidade do ficheiro e os usos previstos deste:

Xestión da investigación histórica sobre os procesos de represión política durante a Guerra Civil en Galicia para crear unha base de datos con fins científicos sobre vítimas da Guerra Civil e xestión arquivística para crear un catálogo de fondos de historial oral da USC e para poñelos á disposición dos investigadores e público interesado en xeral.

h) Tipificación da finalidade e usos previstos:

Fins históricos, estatísticos ou científicos, educación e cultura, publicacións.

i) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resultan obrigados a subministralos:

Persoas incursas ou relacionadas con procesos de represión política obxecto de estudo científico e histórico, informantes acerca do pasado recente da xente común (traballadores, labregos, emigrantes, inmigrantes, exiliados, soldados, etc.) e usuarios do ficheiro.

j) Procedencia ou procedemento de recollida dos datos:

Rexistros públicos, administracións públicas, outras persoas físicas.

k) Órganos e entidades destinatarios das cesións previstas, indicando as transferencias internacionais:

Difusión de resultados de investigación.