Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2017 Páx. 42921

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 29/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 29/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mohamed Yahya Ould Dalh contra a empresa Inversiones Grupo Promoeira, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Na execución rexistrada neste xulgado co nº 29/2015, por instancia de Mohamed Yahya Ould Dalh contra Inversiones Grupo Promoeira, S.L., tras os trámites legais embargouse e foi valorado polo perito taxador Eurovaloraciones, S.A. o seguinte ben inmoble propiedade de Inversiones Grupo Promoeira, S.L.:

Predio 35.965, sito no municipio de Ribeira, CRU: 15011001057261, natureza do predio: urbana: rocho.

Descrición: rocho-tendedor situado na planta soto, sinalado co número 46, que ocupa a superficie útil aproximada de seis metros vinte e catro decímetros cadrados, integrante do edificio número 1 dun complexo urbanístico sito no lugar de Insuela, parroquia de Palmeira, municipio de Ribeira. Linda: fronte, por onde ten a súa entrada, vías e rocho número 45; dereita entrando, praza de garaxe número 47; esquerda e costas, muro de contención,

Segundo. Deuse traslado ás partes da valoración pericial co resultado que consta nas actuacións.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O artigo 655 da Lei 1/2000, de axuizamento civil (LAC), de aplicación supletoria, dispón na sección 6ª do capítulo IV do título III, baixo a rúbrica “Da poxa de bens inmobles”, que as normas desta sección se aplicarán ás poxas de bens inmobles e ás de bens mobles suxeitos a un réxime de publicidade rexistral similar ao daqueles, para a continuación indicar que nas poxas a que se refire a epígrafe anterior serán aplicables as normas da poxa de bens mobles, salvo as especialidades que se establecen nos artigos seguintes.

Segundo. Dispón o artigo 666 da LAC que os bens inmobles sairán a poxa polo valor que resulte de deducir da súa valoración o importe de todas as cargas e dereitos anteriores. O letrado da Administración de xustiza realizará a operación que desconte do valor da taxación o importe total garantido que resulte da certificación de cargas.

Terceiro. O artigo 644 LAC sinala que, unha vez fixado o prezo xusto dos bens mobles embargados, o secretario xudicial, mediante decreto, acordará a convocatoria da poxa.

A poxa levarase a cabo, en todo caso, de forma electrónica no portal de poxas, baixo a responsabilidade do secretario xudicial.

Cuarto. O artigo 667 da LAC dispón que a poxa se anunciará e será obxecto de publicidade conforme o previsto no artigo 645 da mesma lei.

Quinto. Cumpridos no presente caso todos os requisitos contidos na lei procesual, procede acordar a convocatoria de poxa.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación

Parte dispositiva.

Acordo:

1. Sacar á venda, en pública poxa, o ben descrito no antecedente de feito da presente resolución.

2. A poxa levarase a cabo no portal electrónico de poxas da Axencia Estatal do BOE.

3. Notificar a presente resolución ao executado, por medio de edictos que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, facéndolle saber que, en calquera momento anterior á aprobación do remate ou da adxudicación ao executante, poderá liberar os seus bens pagando integramente o que lle deba ao executante por principal, xuros e custas.

4. Rexistrar a poxa no portal de poxa, unha vez que sexa firme esta resolución.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acordo e asino. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Inversiones Grupo Promoeira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza