Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2017 Páx. 42928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 114/2016, do 25 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 25 de febreiro de 2016, pronunciou a Sentenza 114/2016, ditada no procedemento ordinario 4199/2013, interposto por Antonio Sánchez Carro, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por Antonio Sánchez Carro contra a Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 26 de decembro de 2012, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Mesía, no que atangue á regulación do solo S-03 ARS-03, e, en consecuencia, anulamos a Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 26 de decembro de 2012, sobre aprobación definitiva do PXOM de Mesía, no que atangue á regulación do solo S-03 ARS-03; sen facer especial condena en custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo