Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2017 Páx. 42929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 596/2016, do 6 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 6 de outubro de 2016, pronunciou a Sentenza 596/2016, ditada no procedemento ordinario número 4523/2011, interposto por Eduardo Vázquez González, Manuel Cantón Rodríguez, Soledad Gómez Cid, Manuel Meno Salgado, María Cabera García, Eladio Pérez Pérez, Manuel Corral Pereira, Adolfo Corral Martínez, José Corral Rivera, Nieves Corral Martínez, Dolores Ferreiro Corral, Amando Iglesias Moure, Sara María Cardama Corral, María Corral Pereira, José Pavón Iglesias, Peregrina Conde Corral, Milagros Ferreiro Corral, José Ramón Pérez Travieso e Bernardo Corral Pérez, representados por José María Moreda Allegue e dirixidos por Miguel García Iglesias, contra o Decreto 187/2011, do 29 de setembro, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, que acordou suspender parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana de Ourense de 1986 e aprobar a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por Eduardo Vázquez González, Manuel Cantón Rodríguez, Soledad Gómez Cid, Manuel Meno Salgado, María Cabera García, Eladio Pérez Pérez, Manuel Corral Pereira, Adolfo Corral Martínez, José Corral Rivera, Nieves Corral Martínez, Dolores Ferreiro Corral, Amando Iglesias Moure, Sara María Cardama Corral, María Corral Pereira, José Pavón Iglesias, Peregrina Conde Corral, Milagros Ferreiro Corral, José Ramón Pérez Travieso e Bernardo Corral Pérez contra o Decreto 187/2011, do 29 de setembro, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, que acordou suspender parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana de Ourense e aprobar a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento e, conforme o instado, anular o referido Decreto 187/2011, no que concirne á ordenación urbanística provisional dos ámbitos de iniciativa privada AR-11-E, AR-14-E, AR-20-E, AR-36-E, AR-46-E, AR-06-b-N, AR-13-N, AR-16-N, AR-38-N, AR-40-b-N, AR-43-N, AR-14-b-O, AR-16-O, AR-40-O e SURBZ08-C, sen facer especial condena en custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo