Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2017 Páx. 42764

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo

EDICTO (ETX 30/2017) derivado do ordinario (140/2015).

Eu, Raimundo Díaz Valcarce, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio deste edicto notifícase o auto do 27.6.2017 a Carmen Reimonde Celeiro, María Josefa Reimonde Celeiro, Marcela Reimonde Celeiro e herdeiros de Jaime Reimonde Sánchez (Mónica Reimonde García e Juan Carlos Reimonde García), todos eles en ignorado paradoiro, mediante a inserción a seguir dos antecedentes de feito, da parte dispositiva e do seu modo de impugnación:

Auto 78/2017.

Xuíza/maxistrada xuíza: Ana María Bande Ramudo.

Mondoñedo, 27 de xuño de 2017.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 21.4.2017 ditouse auto en que se despachaba execución, con base na sentenza do 28.11.2016, ditada no procedemento ordinario 140/2015, do cal que dimana a presente execución, por instancia de María Luz Trevín Reimonde, María Amparo Trevín Reimonde, Azucena Trevín Reimonde, Ángeles Trinidad Trevín Reimonde, Mercedes Trevín Reimonde e María Soledad Trevín Reimonde, fronte a Carmen Reimonde Celeiro, María Josefa Reimonde Celeiro, Marcela Reimonde Celeiro e herdeiros de Jaime Reimonde Sánchez (Mónica Reimonde García e Juan Carlos Reimonde García). Nese auto acordouse a designación dun perito enxeñeiro técnico agrícola, en concreto o perito Marcos Antonio Pereira González, para efectuar a valoración dos predios obxecto de autos e para o establecemento dos lotes para se poder levar a efecto a división da cousa común.

Segundo. Con data do 8.6.2017, o perito presentou na secretaría deste xulgado o informe que lle fora encomendado e ratificouse nel na mesma data.

Terceiro. Por dilixencia de ordenación do 8.6.2017 deuse traslado ás partes do informe presentado, por termo de cinco días. A parte executante manifestou a súa conformidade co contido do informe presentado e solicitou que se efectuasen as adxudicacións contidas nel. A parte executada, á cal se lle deu traslado por medio de edictos, por estar en ignorado paradoiro, non efectuou ningunha alegación dentro do prazo establecido para o efecto.

«Parte dispositiva.

Acordo.

1. Aprobar a valoración do custo da obriga de facer a que se refiren estas actuacións, presentada polo perito taxador, que ascende á cantidade de 18.665,18 euros (da cal a cantidade de 5.326,64 euros corresponde ao predio 3-112, 2.580,20 euros ao predio 1-159, 2.774,64 euros ao predio 1-141, 7.087,30 euros ao predio 2-94 e 896,40 euros ao predio 2-90).

2. Aprobar a división da cousa común na forma establecida polo perito Marcos Antonio Pereira González no seu informe do 24.5.2017, presentado neste xulgado o 8.6.2017.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banco Santander, S.A., na conta deste expediente 2305, e incluír, no campo “concepto” a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e, neste caso, indicar, no campo observacións, a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada

O letrado da Administración de xustiza»

Mondoñedo, 27 de xuño de 2017

O letrado da Administración de xustiza