Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2017 Páx. 42763

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2017 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o acceso á escala administrativa desta universidade, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna.

Mediante Resolución do 5 de maio de 2017 (DOG do 18 de maio) convocáronse probas selectivas para cubrir 27 prazas na escala administrativa da USC, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas pola quenda de promoción interna.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de servizos administrativos e Biblioteca Intercentros e na web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión e xustifiquen o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela