Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2017 Páx. 42814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 12 de setembro de 2017 pola que se efectúa citación para levantamento de acta de reversión de concesión administrativa no porto de Burela (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cítase a Joaquín Carvalho Gaspar e a Raquel Figueiro Iglesias, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, para que, en cumprimento da Resolución do Presidente de Portos de Galicia do 7 de xullo de 2017, que declara a caducidade da concesión administrativa de almacén para depósito de víveres e subministración á frota pesqueira e explotación de bar, comparezan no lugar da concesión o vindeiro día 10 de outubro de 2017 ás 11.00 horas, co obxecto de formalizar a acta de reversión e recuperación das instalacións da concesión.

No cumprimento do establecido no artigo 100 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, lémbraselle que deberá de retirar fóra do espazo portuario todos os materiais, equipamentos ou utensilios que sexan da súa propiedade e que non revertan gratuitamente a Portos de Galicia, sen que as instalacións experimenten quebranto ningún, e que, no caso de incumprimento, a dita retirada efectuaraa Portos de Galicia de maneira subsidiaria e por conta dos notificados.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia