Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2017 Páx. 42815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a licitación do servizo de mantemento técnico-legal dos locais de alto risco eléctrico dos centros pertencentes a esta xerencia (expediente AB-EIP1-17-018).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: avenida de Vigo, 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborales, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-17-018.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento técnico-legal dos locais de alto risco eléctrico dos centros pertencentes á EOXIPS.

c) División por lotes e número de lotes: único.

d) Lugar de entrega: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

1º. Domicilio: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 45259000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e contratación documentalmente simplificada.

c) Criterios de adxudicación:

– Medios e organización: ata 50 puntos.

– Oferta económica: ata 50 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 144.000 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 60.000 €.

b) Importe total: 72.600 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso:

– Solvencia económica e financeira. Criterio: bastará que nun dos tres últimos exercicios se supere a contía anual de 180.000 € (sen incluír o IVE).

– Solvencia técnica ou profesional. Criterio: o licitador considerarase solvente coa presentación de, polo menos, un traballo ou servizo de igual ou similar natureza dos que constitúen o obxecto do contrato e cuxo importe individual supere 15.000 € (sen incluír o IVE).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en festivo, rematará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Enderezo: rúa Loureiro Crespo, 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura ás propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: publicarase no perfil do contratante.

d) Data e hora: a data e a hora da realización da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (ver o prego de cláusulas administrativas particulares).

Pontevedra, 8 de agosto de 2017

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés