Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2017 Páx. 42691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2017 pola que se anuncia a contratación, mediante a modalidade de compra pública de tecnoloxía innovadora, polo procedemento de diálogo competitivo, do servizo de seguimento de dinámicas de ocupación do solo e axuda á planificación territorial mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados, financiado nun 80 % polo programa operativo plurirrexional Feder Pocint a través do convenio de colaboración co Mineco Civil UAVs Initiative (expediente Civil UAVs Initiative fase II (RFP-B): ocupación do solo e planificación territorial, Tierra-3).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Innovación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Xestión.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Xestión.

2º. Enderezo: praza de Europa, 10-A, 6º B.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Teléfono: 981 95 70 14.

5º. Fax: 981 54 10 39.

6º. Correo electrónico: xestion.gain@xunta.es

7º. Perfil do contratante: http://gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante

8º. Poden obterse os pregos na páxina da Plataforma de contratos públicos de Galicia:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=231&OR=231

9º. Data límite de obtención de documentación e información: segundo indica o punto 3.5 do documento descritivo da contratación, os licitadores poderán dispor de toda a información relativa ao expediente a través da páxina web (http://gain.xunta.es), no enderezo indicado para a obtención de información/consultas, no perfil do contratante e na Plataforma de contratación pública de Galicia (www.contratosdegalicia.es). Os licitadores poderán solicitar as aclaracións que consideren pertinentes, antes dos tres días previos á data de finalización do prazo para a presentación de solicitudes de participación.

d) Número de expediente: Civil UAVs Initiative fase II (RFP-B): ocupación do solo e planificación territorial, Tierra-3.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: compra pública de tecnoloxía innovadora.

b) Descrición: a necesidade administrativa a satisfacer é o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución que permita a elaboración de información sobre coberturas e usos do solo, así como un conxunto de ferramentas de apoio á planificación territorial a partir dos datos capturados polos sensores aerotransportados en UAVs e noutros vehículos non tripulados, aéreos, náuticos e terrestres.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses a partir da data de formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 50117100.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: diálogo competitivo, servizo suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os sinalados no punto 10.2 do documento descritivo da contratación.

4. Valor estimado do contrato: 1.611.570,30 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación: 1.074.380,20 € (sen IVE).

Importe total (IVE incluído): 1.300.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non procede.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira mínima e solvencia técnica mínima: criterios de selección indicados nos pregos de contratación.

8. Presentación de solicitudes de participación:

a) Data e hora límite: 27.9.2017; 14.00 horas para as ofertas presentadas no Rexistro de GAIN. Para as proposicións enviadas por correo, o anuncio ao órgano deberá enviarse dentro dese mismo día, a hora límite serán as 23.59 horas, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina de Rexistro da Axencia Galega de Innovación.

2º. Enderezo: praza de Europa, 10-A, 6º B.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

9. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28.8.2017.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2017

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación