1. Entidade adxudicadora. Datos xerais para a obtención da información:
a) Organismo: Axencia Galega de Innovación.
b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Xestión.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Área de Xestión.
2º. Enderezo: praza de Europa, 10-A, 6º B.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
4º. Teléfono: 981 95 70 14.
5º. Fax: 981 54 10 39.
6º. Correo electrónico: xestion.gain@xunta.es
7º. Perfil do contratante: http://gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante
8º. Poden obterse os pregos na páxina da Plataforma de contratos públicos de Galicia:
http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=231&OR=231
9º. Data límite de obtención de documentación e información: segundo indica o punto 3.5 do documento descritivo da contratación, os licitadores poderán dispor de toda a información relativa ao expediente a través da páxina web (http://gain.xunta.es), no enderezo indicado para a obtención de información/consultas, no perfil do contratante e na Plataforma de contratación pública de Galicia (www.contratosdegalicia.es). Os licitadores poderán solicitar as aclaracións que consideren pertinentes, antes dos tres días previos á data de finalización do prazo para a presentación de solicitudes de participación.
d) Número de expediente: Civil UAVs Initiative fase II (RFP-B): bases topográficas e cartográficas, Tierra-2.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: compra pública de tecnoloxía innovadora.
b) Descrición: a necesidade administrativa a satisfacer é o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución que permita a elaboración e edición de bases topográficas e cartográficas a partir dos datos capturados polos sensores aerotransportados en UAVs e noutros vehículos aéreos, náuticos e terrestres.
c) División por lotes: non.
d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Prazo de execución/entrega: 24 meses a partir da data de formalización do contrato.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 50117100.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: diálogo competitivo, servizo suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: os sinalados no punto 10.2 do documento descritivo da contratación.
4. Valor estimado do contrato: 1.859.504,10 € (sen IVE).
5. Orzamento base de licitación: 1.239.669,40 € (sen IVE).
Importe total (IVE incluído): 1.500.000,00 €.
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non procede.
b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non.
b) Solvencia económica e financeira mínima e solvencia técnica mínima: criterios de selección indicados nos pregos de contratación.
8. Presentación de solicitudes de participación:
a) Data e hora límite: 27.9.2017; 14.00 horas para as ofertas presentadas no Rexistro de GAIN. Para as proposicións enviadas por correo, o anuncio ao órgano deberá enviarse dentro dese mismo día, a hora límite serán as 23.59 horas, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: oficina de Rexistro da Axencia Galega de Innovación.
2º. Enderezo: praza de Europa, 10-A, 6º B.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
9. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28.8.2017.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2017
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación