Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2017 Páx. 42697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2017 pola que se anuncia a contratación, mediante a modalidade de compra pública de tecnoloxía innovadora, polo procedemento de diálogo competitivo, dun xestor de conxunto de datos xeorreferenciados obtidos por UAVs, financiado nun 80 % polo programa operativo plurirrexional Feder Pocint a través do convenio de colaboración co Mineco Civil UAVs Initiative (expediente Civil UAVs Initiative fase II (RFP-B): datos xeorreferenciados, Tierra-1).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Innovación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Xestión.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Xestión.

2º. Enderezo: praza de Europa, 10-A, 6º B.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Teléfono: 981 95 70 14.

5º. Fax: 981 54 10 39.

6º. Correo electrónico: xestion.gain@xunta.es

7º. Perfil do contratante: http://gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante

8º. Poden obterse os pregos na páxina da Plataforma de contratos públicos de Galicia:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=231&OR=231

9º. Data límite de obtención de documentación e información: segundo indica o punto 3.5 do documento descritivo da contratación, os licitadores poderán dispor de toda a información relativa ao expediente a través da páxina web (http://gain.xunta.es), no enderezo indicado para a obtención de información/consultas, no perfil do contratante e na Plataforma de contratación pública de Galicia (www.contratosdegalicia.es). Os licitadores poderán solicitar as aclaracións que consideren pertinentes, antes dos tres días previos á data de finalización do prazo para a presentación de solicitudes de participación.

d) Número de expediente: Civil UAVs Initiative fase II (RFP-B): datos xeorreferenciados, Tierra-1.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: compra pública de tecnoloxía innovadora.

b) Descrición: a necesidade administrativa a satisfacer é o desenvolvemento dunha plataforma que permita a integración de todos os datos xeorreferenciados capturados, tanto os obtidos a partir de sensores transportados por UAVs, como os que proveñan doutras fontes (satélites, aerotransportados, etc.), co fin de que sexan accesibles de forma sinxela polos distintos usuarios de aplicacións que precisen de información xeográfica.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses a partir da data de formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 51600000.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: diálogo competitivo, servizo suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os sinalados no punto 10.2 do documento descritivo da contratación.

4. Valor estimado do contrato: 557.851,20 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación: 371.900,83 € (sen IVE).

Importe total (IVE incluído): 450.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non procede.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira mínima: volume anual de negocios referido aos tres últimos exercicios concluídos. Deberá acreditar dita solvencia nos termos e condicións especificados no punto 8.2 A (relativa aos medios de acreditación da solvencia técnica), do documento descritivo da contratación.

c) Solvencia técnica mínima: relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos cinco anos (debendo indicar, según o cadro-modelo facilitado, importe, datas e destinatario, público ou privado, dos mesmos). Deberá acreditar dita solvencia nos termos e condicións especificados no punto 8.2 A (relativa aos medios de acreditación da solvencia técnica), do documento descritivo da contratación.

8. Presentación de solicitudes de participación:

a) Data e hora límite: 27.9.2017; 14.00 horas para as ofertas presentadas no Rexistro de GAIN. Para as proposicións enviadas por correo, o anuncio ao órgano deberá enviarse dentro dese mismo día, a hora límite serán as 23.59 horas, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina de Rexistro da Axencia Galega de Innovación.

2º. Enderezo: praza de Europa, 10-A, 6º B.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

9. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28.8.2017.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2017

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación