Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2017 Páx. 42548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de agosto de 2017 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/153/2016-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a persoa destinataria ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 26 de xullo de 2017, ditou resolución pola cal se declara que as obras executadas en solo rústico sen autorización urbanística autonómica, consistentes na demolición dunha edificación existente a reconstrución dunha nova edificación, así como na construción dunha estrutura de formigón sen rematar no lugar de Rumbo, parroquia de Celas, no termo municipal de Culleredo, provincia da Coruña, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Mª del Carmen Rama Rey, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2017

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo;
DOG núm. 59, do 27 de marzo)
José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística