Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2017 Páx. 42547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se anuncia a corrección de erros no prego de cláusulas administrativas particulares publicado mediante a Resolución do 9 de agosto de 2017 pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto, da xestión de servizos públicos, na modalidade de concesión, dos servizos de atención diúrna terapéutica no centro de día, para persoas con alzhéimer e outras enfermedades neurodexenerativas, da Xunta de Galicia en Pontevedra. Tramitación documentalmente simplificada (expediente PA 36/2017).

Advertido erro no prego de cláusulas administrativas para a referida contratación, publicada mediante Resolución do 9 de agosto de 2017 no Diario Oficial de Galicia núm. 166, do 1 de setembro, cómpre facer a seguinte corrección:

No anexo XIV, Persoal que hai que subrogar, é incorrecta a táboa que figura no PCAP publicado. Os datos correctos figuran revisados na páxina: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=188992

Esta corrección afecta o prazo de presentación de proposicións recollido no punto 8 da dita resolución, que queda do seguinte xeito:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio de corrección de erros no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social