Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2017 Páx. 42545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación modificado número 1 LMT, CT e RBT Cimadevila-Bolmente.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no BOE», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica denominada Modificado nº 1 LMT, CT e RBT Cimadevila-Bolmente, que terá lugar na Casa do Concello de Sober como punto de reunión, segundo o calendario e os datos que se sinalan no anexo que se xunta.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 7 de setembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 026/2008A.T.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: Modificado nº 1 LMT, CT e RBT Cimadevila-Bolmente.

Concello: Sober.

Predio

Polígono

Parcela

Titular e enderezo

Data do acto

Hora

21

48

564

Hrdos. de Concepción Llano Vázquez

Sta. Mª de Barantes, 27425 Sober

28.9.2017

10.00

23

48

565/576

Hrdos. de Concepción Llano Vázquez

Sta. Mª de Barantes, 27425 Sober

28.9.2017

10.00

35 A

56

23

Amelia Carnero Rguez.

Rpta. Venancio Pérez Vidal

Santa Marta, 27425 Sober

28.9.2017

11.00