Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2017 Páx. 42544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 31 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (expediente PO-59/2017 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa publicación no boletín oficial da Comunidade Autónoma é facultativa.

Polo anterior, e logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que constan no anexo, por medio deste anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na Praza da Estrela, s/n, 36201 en Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia del. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 31 de agosto de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado (comercio)

Expediente

Acto

Concello

Chevere, S.L. (El Fortín)

PO-59/2017

Inicio de expediente sancionador

Vigo (Pontevedra)

Bebito Mío, S.L.U. (Mis bebitos)

PO-73/2017

Inicio de expediente sancionador

Vigo (Pontevedra)