Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2017 Páx. 42540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 6 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro de subvención á promoción do emprego, regulado na Orde do 21 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo), relativa ao programa TR348B.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación do acordo de inicio do procedemento de reintegro no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra; rúa Concepción Arenal, 8-2º en Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquel, advertíndoa de que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses, no prazo de quince días que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Vigo, 6 de setembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente de reintegro: Reint. 2017/50.

Número de expediente en xestión: TR 348B 2011/1079-5.

Nome: Belpak Logistics, S.L.

CIF/NIF: B27728286.

Último enderezo coñecido: camiño Saa, 84, 36312 Vigo.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG núm. 61, do 28 de marzo).

Feito imputado: non manter no cadro de persoal as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa, por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base sétima, punto 1, do anexo B da mencionada Orde do 21 de marzo de 2011.

Contido do acto administrativo: acordo de inicio do procedemento de reintegro.

Data do acordo: 12.5.2017.