Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2017 Páx. 42538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lourenzá (expediente IN407A 2017/48 -2, 8520 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: P.E. das Gándaras, rúa Ramón María Aller Ulloa, nº 9.

Denominación: soterramento da LMT Pontenova no cruzamento coa LAT Boimente-Pesoz.

Situación: concello de Lourenzá.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV baixo tubo, cunha lonxitude de 175 m, con orixe no apoio proxectado P-139 da LMT Pontenova, conductor tipo RHZ1 240 e final no apoio proxectado P-140.

2. Instalación de 2 apoios metálicos de celosía con paso aéreo soterrado, en substitución dos apoios P-139 e P-140 existentes de formigón da LMT Pontenova.

3. Desmontaxe da LMT aérea existente, integrada por 393 m de condutor tipo LA-110 e 2 apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 25 de agosto de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo