Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2017 Páx. 42211

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados

EDICTO (194/2015).

Andrea Viéitez Comesaña, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, polo presente, anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Compañía Española de Petróleos, S.A., Cepsa fronte a Logística Renza, S.L., ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 78/2017.

Cambados, 22 de xuño de 2017.

Vistos por Sonia Rey Salgueiro xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número un de Cambados os presentes autos de xuízo ordinario 194/2015 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Compañía Española de Petróleos, S.A., Cepsa, con procurador Sr. Martínez Melón e, doutra, como demandado Logística Renza, S.L., en rebeldía, sobre reclamación de cantidade, dítase a presente sentenza con base nos seguintes:

Parte dispositiva:

Que estimo a demanda interposta por Compañía Española de Petróleos, S.A., Cepsa, con procurador Sr. Martínez Melón, fronte a Logística Renza, S.L., en rebeldía debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de once mil seiscentos dezaoito euros con noventa e nove céntimos (11.618,99 euros), máis os xuros legais desde a data de vencemento, con expresa imposición ao demandado das custas procesuais causadas.

Únase a presente ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Así, por esta a miña sentenza a pronuncio, mando e asino.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte da notificación».

E encontrándose o devandito demandado, Logística Renza, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Cambados, 22 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza