Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2017 Páx. 42209

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2017 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico superior de investigación, radiofísica, grupo I, en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 30 de setembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 17 de outubro).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 30 de setembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 17 de outubro) para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior de investigación, radiofísica, grupo I, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

resolvo:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico superior de investigación, radiofísica, grupo I, a persoa que superou o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (Rúa Nova, nº 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Categoría laboral: técnico superior de investigación, radiofísica.

Quenda: acceso libre.

Número de orde: 1.

Apelidos e nome: González Castaño, Diego Miguel.

DNI: 53183786N.