Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.
Denominación: ampliación de potencia CT Albaredos (27AB81).
Situación: concello de Quiroga.
Características técnicas:
1. Centro de transformación 100/24/20 B2 intemperie, de 100 kVA, para unha tensión nominal de 20 kV e relación de transformación 20.000/400 V, con illante de aceite mineral, situado no pórtico existente composto por dous apoios de formigón tipo HV-13/800.
2. Novo interruptor tetrapolar e novos pararraios autoválvulas para o CT Albaredos (27AB81). Aprovéitase o pórtico existente, composto por dous apoios de formigón, que conteñen o citado centro de transformación xa que son de características físico-mecánicas suficientes e está en bo estado.
3. No apoio de formigón anterior ao CT Albaredos (27AB81) substitúese o seccionador existente de tipo SXS por un novo tipo de seccionador fusible de tipo XS, para protección e manobra do mencionado centro.
4. O CT Albaredos (27AB81) aliméntase electricamente a través da LMT aérea existente procedente da saída RUA806 (Sequeiros, 6) da subestación A Rúa.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro) sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce (12) meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Lugo, 16 de agosto de 2017
A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigo 62.3 e 63.1.b) do Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Álvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Lugo