Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2017 Páx. 42139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 29 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación da resolución e do requirimento do pagamento de multa en período voluntario do expediente sancionador IN635C 2017/83-4 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados/as que se relacionan no anexo a incoación do expediente sancionador por infracción en materia de industria, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os/as interesados/as ou os seus representantes dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas que considere convenientes en defensa dos seus dereitos, e no caso de non efectuar alegacións a este acordo, este poderá considerarse proposta de resolución.

Pontevedra, 29 de agosto de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635C 2017/83-4.

Interesada: Lunas Carrera, S.L.

CIF: B27802545.

Acto notificado: incoación de expediente sancionador.

Expediente de reclamación: IN635C 2017/91-4.

Interesado: Juan Ramón Pifarre Marcos.

CIF: 43521561H.

Acto notificado: incoación de expediente sancionador.