Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 41980

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (543/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 543/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Esther Rega Baldomir, Rosa María Boga Pérez, María Carmen Iglesias Fraga, Julia Evangelista Regueira, Luz Crespo Míguez, Carmen Guillín García, Isabel Esmorís Iglesias, María Isolina Fraga García, Antonia Liñares Grela, María Isabel Trigo García, María Luz Pérez Varela contra Limpiezas El Polígono, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di:

Tense por desistida a María Esther Rega Baldomir na demanda promovida fronte a Limpiezas El Polígono, S.L., ante a súa non comparecencia ao acto do xuízo.

Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Rosa María Boga Pérez, María Carmen Iglesias Fraga, Julia Evangelista Regueira, Luz Crespo Míguez, Carmen Guillín García, Isabel Esmorís Iglesias, María Isolina Fraga García, Antonia Liñares Grela, María Isabel Trigo García, María Luz Pérez Varela, contra a entidade Limpiezas El Polígono, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Limpiezas El Polígono, S.L., a que aboe ás demandantes as cantidades que se explicitar por salarios percibidos entre febreiro e maio de 2013, ambos os dous inclusive, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais:

– A Rosa María Boga Pérez, 4.683,08 €.

– A María Carmen Iglesias Fraga, 3.842,60 €.

– A Julia Evangelista Regueira, 2.401,60 €.

– A. Luz Crespo Míguez, 3.000,96 €.

– A María Carmen Guillín García, 1.501 €.

– A Isabel Esmorís Iglesias, 1.501 €.

– A María Isolina Fraga García, 1.501 €.

– A Antonia Liñares Grela, 1.501 €.

– A María Isabel Trigo García, 600,36 €.

– A María Luz Pérez Varela, 600,36 €.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza