Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 41982

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (926/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 926/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Gómez Manteiga contra Luis Rabuñal Peinado e o Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Miguel Gómez Manteiga, contra o empresario individual Luis Rabuñal Peinado e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Luis Rabuñal Peinado a que aboe ao demandante a cantidade de 550 euros líquidos, por salarios incrementados no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e firma.

A maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma a Luis Rabuñal Peinado, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza