Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 41995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 11 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/201-1).

Expediente: IN407A 2015/201-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado 1 recuamento LMT GRN-708 rúa Brasil.

Concello: Arteixo.

Características técnicas:

Tramo liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,122 km, coa orixe no apoio D-15, existente, da LMT GRN-708, no tramo entre a subestación da Grela 2 e a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2), condutor tipo LA-180 mm2 AI, e final no apoio nº 15 proxectado que se vai instalar na LMT GRN-708, no tramo entre a subestación da Grela 2 e a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2).

Tramo liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,216 km, coa orixe no apoio 15-5 proxectado que substitúe o existente, da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada ao CT A Revolta (expte.: 26.783), condutor tipo LA-56 mm2 Al, e final no apoio nº 15-4-2 existente da LMT GRN-708, no tramo entre a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2) e a derivada aos CCTT Arias Hermanos II (15PBH1) e Arias Hermanos III (15PBF3).

Tramo liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación nº 3), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,044 km, coa orixe no apoio 15-4 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, no tramo entre a derivada ao CT A Revolta (expte.: 26.783) e a derivada aos CCTT Arias Hermanos II (15PBH1) e Arias Hermanos III (15PBF3), condutor tipo LA-56 mm2 AI, e final no apoio nº 15-3 existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2).

Tramo liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación nº 4), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,206 km, coa orixe no apoio nº 17 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada aos CCTT Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4), condutor tipo LA-180 mm2 AI, e final no apoio nº 18 existente da LMT GRN-708, no tramo entre a derivada aos CCTT Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4) e o CT Meicende (expte.: 27.537).

Tramo liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación nº 5), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,017 km, coa orixe no apoio nº 17 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada aos CCTT Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4), condutor tipo LA-56 mm2 AI, e final no apoio que sustenta ao CT Readimix Asland, S.A. (15PBF1).

Tramo liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación nº 6), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,045 km, coa orixe no apoio nº 17 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada aos CCTT Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4), condutor tipo LA-56 mm2 AI, e final no apoio nº 17-1 existente da LMT GRN-708, onde se realiza o paso de aéreo a subterráneo da LMT Particular ao CT Afernosa (15PBE4).

Liña de media tensión soterrada GRN-708 (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,781 km, coa orixe do paso aéreo a subterráneo a realizar no apoio nº 15 proxectado a instalar na LMT GRN-708, no tramo entre a subestación A Grela 2 e a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 AI, e final no paso de subterráneo a aéreo a realizar no apoio nº 17 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada aos CCTT Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4), despois de realizar entrada e saída no CT avenida da Coruña proxectado.

Liña de media tensión soterrada GRN-708 (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,040 km, coa orixe en cela de liña no novo CT avenida da Coruña proxectado, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 AI, e final no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio nº 15-4-1 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, no tramo entre a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2) e a derivada aos CCTT Arias Hermanos II (15PBh1) e Arias Hermanos III (15PBF3).

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

Desmontaxe do tramo de liña aérea entre os apoios D-15 e o nº 18, cunha lonxitude de 441 metros.

Desmontaxe dun tramo da derivada aos CCTT Hotel Pastoriza, A Revolta, Prebetong Galicia, S.A. e Arias Hermaños II e III, cunha lonxitude de 415 metros.

Desmontaxe das derivadas aos CCTT Readimix Aslanda e Afernosa, cunha lonxitude de 16 e 46 metros respectivamente.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se acompaña a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 11 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expte.: IN407A 2015/201-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado 1 recuamento LMT GRN-708 rúa Brasil.

Concello: Arteixo.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Afeccións:

Nº de predio

Lugar

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume
de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

m2

m2 aér.

m2 sot.

1

Meicende

Fomento Iniciativas Comerciales, S.L.

107,0

1.712,0

2

Meicende

Manuel Antelo y Victoria Ramos

15 (Pas)

9,0

16,0

10,0

256,0

30,0

3

Meicende

Marcelino Cao Ruiz

15-4 e 15-4-1 (Pas)

11,0

74,0

2,0

430,0

6,0

5

Meicende

Fomento Iniciativas Comerciales, S.L.

17 (Pas)

9,0

8,0

24,0

6

Meicende

Fomento Iniciativas Comerciales, S.L.

Centro transf. caseta

24,0