Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 41991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 22 de agosto de 2017, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos (expediente PO-00447-O-2017 e dezaseis máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores PO-00447-O-2017 e dezaseis máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 22 de agosto de 2017

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00447-O-2017

7224-HHX

Construcciones Constenla Vea, S.L.

B36256386

Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

22.11.2016; 13.08; N-525; 295,0

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-00448-O-2017

7224-HHX

Construcciones Constenla Vea, S.L.

B36256386

Insuficiente papel de impresión no vehículo.

22.11.2016; 13.08; N-525; 295,0

Art. 142.3 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

PO-00816-O-2017

PO-1931-BF

Canalizaciones Construcciones Sanxenxo

B36518066

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

18.1.2017; 11.46; AP; 137,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-01101-O-2017

6605-FZG

Emilia Campo Lago

36016755

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

17.2.2017; 19.34; PO-325; 1,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-01458-O-2017

2053-DGM

Purificación Bargiela Lago

76981214F

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

2.3.2017; 12.51:00; N-550; 155,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-01583-O-2017

PO-6514-AF

Palcos y Carpas Paco Salcedo, S.L.

B36343630

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

21.3.2017; 17.25; PO-542; 5,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-01728-O-2017

3068-BBG

A. Transp. y Serv. por Ctra. del Atlántico, S.L.

B70337902

A falta de identificación do condutor nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consignar os apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribúan a consideración de infracción moi grave.

3.4.2017; 12.51; AP-9; 137,5

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-01734-O-2017

3068-BBG

A. Transp. y Serv. por Ctra. del Atlantico, S.L.

B70337902

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

3.4.2017; 12.47; AP-9; 137,5

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-01859-S-2017

3907HTZ

Gonzalo Piñeiro Graña

35300942J

Non levar o aparello taxímetro no caso de que este sexa exixible, a manipulación deste, facelo funcionar de xeito inadecuado ou impedir a súa visibilidade á persoa usuaria, así como cantas accións teñan por finalidade alterar o seu normal funcionamento, e a instalación de elementos mecánicos, electrónicos ou doutra natureza destinados a alterar o correcto funcionamento do taxímetro ou a modificar as súas medicións, mesmo cando este non estea en funcionamento no momento de se realizar a inspección.

1.4.2017; 13.20; PO-531; 0,300

Art. 60.h) da Lei 4/2013

Art .63 da Lei 4/2013

2.001 euros

PO-01860-S-2017

3907HTZ

Gonzalo Piñeiro Graña

35300942J

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas.

No suposto de que a infracción consista na falta de visado obrigatorio e este se realizase con anterioridade á data de resolución do procedemento sancionador, a infracción terá a cualificación de leve.

1.4.2017; 13.20; PO-531; 0,300

Art. 60.a) da Lei 4/2013

Art. 63 da Lei 4/2013

2.001 euros

PO-01924-S-2017

PO-5275-AX

José Antonio Míguez Villar

36049585Y

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas.

No suposto de que a infracción consista na falta de visado obrigatorio e este se realizase con anterioridade á data de resolución do procedemento sancionador, a infracción terá a cualificación de leve.

5.4.2017; 16.30; acceso A Lama

Art. 60.a) da Lei 4/2013

Art.63 da Lei 4/2013

2.001 euros

PO-02195-O-2017

5186-GBZ

Distribuciones Eurokope, S.L.

B94073772

O exceso igual o superior ao 25 % sobre la MMA total en vehículos con MMA hasta 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

19.5.2017; 7.45; AP-9; 137,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros

PO-02226-O-2017

M-4539-PW

Industrias Segundo Bello, S.L.

B36231173

O exceso igual ou superior ao 25 %sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 28 %.

10.5.2017; 10.23; PO-531; 16,1

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.600 euros

PO-04077-O-2016

PO-5207-AK

Construcciones y Obras San Martiño, S.L.

B36302206

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

6.5.2016; 9.25; PO-531; 4,5

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-04316-O-2016

PO-7980-BB

Contenedores Omis, S.L.

B36406809

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

27.7.2016; 16.55; PO-531; 7,5

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-04721-O-2016

1107-DZH

Construcciones y Obras San Martiño, S.L.

B36302206

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

14.9.2016; 19.08; PO-531; 4,5

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

PO-04916-O-2016

0956-GJC

M. Nuria Nieto Prego

76898811J

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

28.9.2016; 12.00; AP-9; 137,1

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros