Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación, sen que se puidese practicar, se lles notifica mediante este anuncio o inicio do trámite de audiencia, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Dispoñen dun prazo de oito días, a partir do día seguinte á súa publicación no BOE, durante o que poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º (centro comercial de Elviña), na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do expediente.
Efectuado o dito trámite, os suxeitos responsables poderán formular novas alegacións por termo doutros tres días, despois dos que o expediente quedará visto para a proposta de resolución, de conformidade co artigo 18.4 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións da orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.
A Coruña, 25 de agosto de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: RL 2017/314-1.
Acta inf.: I152017000045425.
Empresa: Selektia P.R.O., S.L.
NIF: B70282801.
Concello: A Coruña.
Materia: prevención de riscos.
Documentos que constan no expediente:
– Acta de infracción.
– Xustificantes das notificacións.
– Alegacións da empresa.
– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.