De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución recaída nos correspondentes expedientes sancionadores.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírteselles de que, de non interpoñer recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:
– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.
– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.
De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
A Coruña, 25 de agosto de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
1. Expediente: RL 2017/42-1.
Acta inf. nº: I152016000151035.
Empresa: Grupo Gesoko, S.L.
NIF: B24678443.
Concello: Bembibre (León).
Materia: prevención de riscos.
Data da resolución: 23.6.2017.
2. Expediente: RL 2017/43-1.
Acta inf. nº: I152016000151136.
Empresa: Grupo Gesoko, S.L.
NIF: B24678443.
Concello: Bembibre (León).
Materia: relacións laborais.
Data da resolución: 23.6.2017.
3. Expediente: RL 2017/126-1.
Acta inf. nº: I152017000013796.
Empresa: Café Aruba, S.L.
NIF: B70329719.
Concello: A Coruña.
Materia: relacións laborais.
Data da resolución: 11.7.2017.
4. Expediente: RL 2017/128-1.
Acta inf. nº: I15201700004807.
Empresa: Ponpre, S.A.
NIF: A15204720.
Concello: Ordes (A Coruña).
Materia: relacións laborais.
Data da resolución: 2.8.2017.
5. Expediente: RL 2017/146-1.
Acta inf. nº: I15201700015517.
Empresa: Multiservicios Esgoax, S.L.
NIF: B70125398.
Concello: Cambre (A Coruña).
Materia: prevención de riscos.
Data da resolución: 3.8.2017.