Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2017 Páx. 41784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 3 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos de citación no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial.

Logo de intentar no tempo e na forma efectuar as notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou ás persoas que as representen, cando as persoas interesadas non poidan comparecer fisicamente, os actos de citación no procedemento BS611A.

Para estes efectos, así como para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou as representantes debidamente acreditadas, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, situadas no edificio administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Se non comparecen a esta citación sen aviso previo e non alegan unha causa xustificada, e transcorridos tres meses sen que realicen as actividades necesarias para continuar coa tramitación, declararase a caducidade do procedemento iniciado e acordarase o arquivamento das actuacións, de conformidade co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 3 de xullo de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 31.2 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Nº de expediente

DNI

Apelidos e nome

Citación para recoñecemento do 23.5.2017

CO192934

54225477X

Díaz Figueirido, Neyva

Citación para recoñecemento do 24.4.2017

CO209662

47439630Z

Senra Henao, Amalia Rosa

Citación para recoñecemento do 6.3.2017

CO211902

58038400Q

Velázquez Morán, Carlos Tristán