Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2017 Páx. 41782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 3 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial.

Despois de intentar no tempo e na forma efectuar as notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou ás persoas que as representen, cando as persoas interesadas non poidan comparecer fisicamente, as resolucións da Xefatura Territorial da Coruña relativas ás reclamacións previas á vía laboral ditadas no procedemento BS611A.

Para estes efectos, así como para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou as representantes debidamente acreditadas, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no edificio administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer demanda ante a xurisdición social no prazo de 30 días, contados desde a recepción deste escrito, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE núm. 245, do 11 de outubro).

A Coruña, 3 de xullo de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 31.2 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Nº de expediente

DNI

Apelidos e nome

Resolución desestimatoria de reclamación previa do 30.5.2017

CO215627

78791316D

Landeira García, Marcelino

Resolución desestimatoria de reclamación previa do 16.1.2017

CO129210

78787071L

López Méndez, José

Resolución desestimatoria de reclamación previa do 6.3.2017

CO214294

20625760G

Meijide Torres, Luis Arturo

Resolución de reclamación previa contra resolución de arquivamento por desistencia do 7.3.2017

CO212904

32344692E

Pailos Rodríguez, Hermosinda

Resolución desestimatoria de reclamación previa do 14.6.2017

CO63719

32773730H

Pérez González, Ricardo Miguel

Resolución estimatoria de reclamación previa do 13.3.2017

CO203920

53486913E

Reyes Lozano, Juan