Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2017 Páx. 41786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 3 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial.

Despois de tentar no tempo e na forma efectuar as notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou as que as representen, cando as persoas interesadas non poidan persoarse fisicamente, as resolucións da Xefatura Territorial da Coruña relativas ao procedemento BS611A.

Para estes efectos, así como para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou as que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no edificio administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social nesta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días hábiles contados desde a recepción deste escrito, de conformidade co artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE núm. 245, do 11 de outubro).

A Coruña, 3 de xullo de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 31.2 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Nº de expediente

DNI

Apelidos e nome

Resolución desestimatoria de revisión do 25.4.2017

CO12693

76323444Z

Arijón Río, Manuel

Resolución por falecemento e acordo do 19.5.2017

CO191483

33292781M

García Sendón, José

Resolución que acepta a desistencia e declara concluso o procedemento do 2.6.2017

CO216723

32404634A

González Carril, Manuel

Resolución desestimatoria de revisión do 22.5.2017

CO124148

78790792Z

Martínez Santiago, Mª del Mar

Resolución desestimatoria de revisión do 13.3.2017

CO184265

X7041647J

Moncada Vargas, Segunda

Resolución desestimatoria de revisión do 14.3.2017

CO195337

32817909Z

Salza Freire, Mª Luisa