Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2017 Páx. 41712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 16 de agosto de 2017, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia da resolución de baixa no Rexistro Único de Demandantes de Galicia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse na Xefatura da Área Provincial de Ourense do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 16 de agosto de 2017

A xefa da Área Provincial de Ourense
P.S. (Resolución do 28.7.2017)
Manuel Álvarez Iglesias
Xefe da Sección de Subvencións e Tramitacións de Ourense

ANEXO

Acto obxecto de notificación: resolución de baixa do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

44739

Mariana Niculae

...961X

45469

Ruth Salgado Sánchez

...474S

48928

Francis Enrique Ortiz González

...369T

54055

María Helena Esteves

...959J

67509

Deysi Tatiana Velásquez Méndez

...784M

67537

María Ferreira André

...332G

68289

Cristian Varela Pomar

...870N