Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2017 Páx. 41711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 16 de agosto de 2017, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia da resolución de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Galicia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse na Xefatura da Área Provincial de Ourense do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sita na rúa Sáenz Díez nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 16 de agosto de 2017

A xefa da Área Provincial de Ourense
P.S. (Resolución do 28.7.2017)
Manuel Álvarez Iglesias
Xefe da Sección de Subvencións e Tramitacións de Ourense

ANEXO

Acto obxecto de notificación: resolución de inscrición do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

79946

María Begoña Pérez Suárez

...164H

79793

Elena Fernández Crespo

...045L

80226

Fátima García González

...802E

80468

Benigno Colmenero Rivero

...409D