Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2017 Páx. 41714

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación do servizo de conservación e mantemento integral de xardíns, zonas verdes e outras zonas públicas municipais (contrato reservado a centros especiais de emprego segundo o disposto na disposición adicional quinta do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de conservación e mantemento integral de xardíns, zonas verdes e outras zonas públicas municipais (contrato reservado a centros especiais de emprego segundo o disposto na disposición adicional quinta do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

b) Nomenclatura: CPV-2008:77311000-6.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: dous (2) anos que se poderán prorrogar por ata dous períodos anuais máis.

e) Persoal que terá que subrogar a empresa adxudicataria: cinco traballadores, a xornadas do 15 %, 75 %, 15 %, 15 % e 75 %.

3. Participación neste procedemento: queda reservada a empresas que, ademais de cumpriren os requisitos xerais de capacidade e solvencia ou clasificación, estean cualificadas e inscritas como centros especiais de emprego.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios de valoración.

5. Orzamento.

a) Orzamento de licitación: 60.000 euros+12.600 euros (21 % IVE)=72.600 euros.

(Valor estimado do contrato no caso de que se produzan as dúas prorrogas ascendería a 145.000 euros (120.000 euros+25.200 euros (21 % IVE).

b) Revisión de prezos: non procede.

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Departamento de Secretaría do concello e no perfil do contratante
www.concellodearzua.org

b) Domicilio: rúa Santiago, nº 2.

c) Localidade e código postal: Arzúa, 15810.

d) Teléfono: 981 50 00 00 - 981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se exixe.

9. Criterios de valoración.

A. Avaliables mediante xuízos de valor:

a) Medios técnicos adscritos á realización dos traballos: ata 15 puntos.

b) Plan de traballo e protección ambiental: ata 20 puntos.

B. Avaliables de forma automática mediante aplicación de fórmulas:

a) Oferta económica: ata 30 puntos.

b) Melloras técnicas na prestación do servizo: ata 35 puntos.

10. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Documentación que cómpre presentar: a especificada na cláusula 11.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.

11. Apertura das ofertas.

A mesa de contratación, ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións, abrirá a documentación presentada nos sobres A. As datas de apertura dos sobres B e C (en acto público) anunciaranse previamente no taboleiro de anuncios do Concello e no perfil de contratante, nos termos sinalados no correspondente prego de cláusulas administrativas.

Arzúa, 9 de agosto de 2017

José Luis García López
Alcalde