Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de agosto de 2017 pola que se notifica a incoación do expediente de restitución e reposición da legalidade POL/26/2017-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar os destinataios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 21 de xuño de 2017, incoar expediente de restitución e reposición da legalidade, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Soutullo, Punta Corbeiro, parroquia de Noalla, termo municipal de Sanxenxo (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo a Daniel Souto de Celis e Lucía Sánchez González, mediante a presente cédula e, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, para alegar e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2017

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística