Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sandiás (expediente IN407A 2017/9-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMTS, CT (compacto), RBT Zadagós (ALL803).

Situación: Sandiás.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 1.194 m con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV1×240 mm2 Al e con orixe na LMTS procedente do CT Zadagós (intemperie), expediente 1855-AT, e remate na LMTS ao CT Emilia Pardo Fernández (32ACN3).

RBT aerosubterránea de 110 m en aéreo con condutor RZ e 215 m en subterráneo con condutor HZ1 derivada do CT proxectado Zadagós (compacto), manobra exterior de 160 kVA e R/T 20.000-400-230 V.

Orzamento: 144.426,18 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Ourense, 8 de agosto de 2017

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 175/2015; artigo 62.3)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administativa e Xestión Económica