Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construcción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2017/7-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: reforma MT para subministración á ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense: LMTS, en condutor RHZ1 1×240 Al, BBA801, BBA803, VLL804, e dos CC.SS. Residencia II, Residencia I e Rairo.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

Reforma e adecuación CS 32CCX0 Residencia II, coa substitución das celas existentes por 4 celas de liña modulares tipo SF6 telecontroladas.

Reforma e adecuación CS 32CBC5 Residencia I, coa substitución das celas existentes por 4 celas de liña modulares tipo SF6 telecontroladas.

Reforma e adecuación CS 32C671 Rairo, coa instalación dunha cela de liña tipo SF6 telecontrolada e una cela de acoplamento e de remonte.

LMT subterránea, a 20 kV de 456 m, con condutor RHZ1 12/20kV 1×240 mm2 Al, con orixe na LMTS existente BBA803 do CT A Saínza 32C685 e final na LMTS existente BBA803 ao CT A Saínza II, 32C690 conectando os CTT 32CX35, 32CS74, 32CBH9, 32CN70 e 32CH7.

LMT subterránea, a 20 kV de 346 m, con condutor RHZ1 12/20kV 1×240 mm2 Al, con orixe na LMTS existente BBA801 ao CS 32CB5 Residencia I.

LMT subterránea, a 20 kV de 95 m, con condutor RHZ1 12/20kV 1×240 mm2 Al, con orixe na cela de liña do CS 32CCXO Residencia II e final na cela de liña do CS 32CB5 Residencia I.

LMT subterránea, a 20 kV de 187 m, con condutor RHZ1 12/20 kV 1×240mm2 Al, con orixe na cela de liña do CS 32CCX0 Residencia II e final na LMTS existente ao CT 32CDT5 Ramón Puga.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 8 de agosto de 2017

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 175/2015; artigo 62.3)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administativa e Xestión Económica