Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2017 Páx. 41037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de cafetaría e cafetaría-comedor en diversos centros desta universidade (2 lotes) (expediente 314/17).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Domicilio: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Teléfono: 986 81 35 56.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 314/17.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de cafetaría e cafetaría-comedor en diversos centros da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: 2.

Lote 1: E. de Enxeñaría Técnica Forestal no campus de Pontevedra.

Lote 2: E. U. de Estudos Empresariais Torrecedeira.

d) Lugar de execución: os centros indicados en cada lote.

e) Prazo de execución: 2 anos a partir do inicio do servizo. Non obstante, o contrato poderá ser obxecto de prórroga por períodos anuais, mediante acordo expreso das partes adoptado antes do remate da súa duración inicial ou da de cada unha das súas prórrogas, ata un máximo de 4 anos incluído o período inicial. Previamente ao remate do período inicial de vixencia ou do de cada unha das súas prórrogas, por razón de interese público, e cando así o acorde o órgano de contratación mediante resolución motivada, o adxudicatario verase obrigado a manter a prestación do servizo ata que se formalice un novo contrato pola duración máxima de catro meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Codificación CPV: 55330000-2, 55320000-9 e 55410000-7. Codificación CPA: 56.10.19 e 56.30.10.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: non procede.

5. Orzamento base de licitación: non procede.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 6.000 € en cada lote.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican nos puntos 10, 11 e 12 da folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla resumo de características do prego.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: en papel, 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa, As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36210.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: en sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.200 €.

Vigo, 23 de agosto de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo