Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2017 Páx. 41041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adquisición de equipamento científico para fortalecer os servizos de acceso a ecosistemas mariños e a experimentación sobre recursos biolóxicos mariños na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (3 lotes) (expediente 15/17).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratacion.

2º. Enderezo. Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Teléfono: 986 81 35 56.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 15/17.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: equipamento científico para fortalecer os servizos de acceso a ecosistemas mariños e a experimentación sobre recursos biolóxicos mariños na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 3 lotes.

Lote 1: equipamento científico de experimentación.

Lote 2: equipamento náutico.

Lote 3: vehículo transporte.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Estación de Ciencias Mariñas de Toralla.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: 3 meses.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) Codificación C.P.V.: lote 1: 38000000-5, lote 2: 34520000-8, lote 3: 34100000-8 e CPA: lote 1: 26.5, lote 2: 30.10, lote 3: 29.10.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 119.592,02 €.

5. Orzamento base de licitación.

Lote 1: importe neto: 61.608 € + 12.937,68 € de IVE aplicable.

Lote 2: importe neto: 31.723 € + 6.661,83 € de IVE aplicable.

Lote 3: importe neto: 26.261,02 € + 5.514,81 € de IVE aplicable.

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva (5 % do importe de adxudicación sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa, As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sesión pública para sobres C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.200 €.

11. Outras informacións: proxecto infraestrutura Feder UNVI15 DE 3529. Fortalecemento dos servizos de acceso a ecosistemas mariños e os seus recursos. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31 de decembro de 2017.

Vigo, 23 de agosto de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo