Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2017 Páx. 40967

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO de notificación de sentenza (26/2016).

Eu, Inmaculada Pulido Domínguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira, A Coruña, fago saber que nos autos de divorcio contencioso tramitado ante este xulgado co número 26 de 2016 foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva teñen o teor literal seguinte:

«Sentenza número 55/2017.

Ribeira, 8 de maio de 2017.

Iria López Carregal, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira e do seu partido, viu os autos do xuízo verbal especial rexistrados co número 26/2016 promovidos por María Begoña Mesías Vázquez, representada pola procuradora dos tribunais Mercedes Treus Blanco e asistida da letrada Helena Teixeira Barcala; contra Javed Muhammad, sen representación nin asistencia técnicas; sobre divorcio.

Decido:

Estimando integramente a demanda, acordo a disolución do vínculo matrimonial existente entre María Begoña Mesías Vázquez e Javed Muhammad, con todos os efectos inherentes.

Non se fai expresa imposición de custas a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes con indicación de que contra ela cabe formular recurso de apelación, que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación, e do cal coñecerá a Audiencia Provincial da Coruña, conforme dispoñen os artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E, para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en legal forma ao demandado Javed Muhammad, en situación de rebeldía procesual, cuxo paradoiro é descoñecido, expido este edicto.

Ribeira, 23 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza