Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2017 Páx. 40968

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de resolución (ETX 28/2016).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 28/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Pablo Prado García contra a empresa Hidemor, S.L., sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Acordo:

a) Declarar o executado Hidemor, S.L. en situación de insolvencia polo importe de 22.156,79 euros de indemnización e 13.393,39 euros de salarios de tramitación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hidemor, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 31 de xullo de 2017

O letrado da Administración de xustiza