Expediente: IN407A 2017/088-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: adecuación CS Instituto (15CWV5).
Concello: Pontedeume.
Características técnicas:
Adecuación do centro de seccionamento Instituto (15CWV5), coa instalación de celas modulares 3L con envolvente metálica e illamento en SF6, que se instalarán no interior de edificio prefabricado de formigón, tipo PFU-5.
Lexislación de aplicación:
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 7 de xuño de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña