Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2017 Páx. 40876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo consistente na realización de traballos para a elaboración da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia, por procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2017-SESE 01-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=94022.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo consistente na realización de traballos para a elaboración da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 79970000-4. Servizos de edición.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE: nº S001, do 3.1.2017; BOE: nº 10, do 12.1.2017 e DOG: nº 16, do 24.1.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e suxeita a regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.621.818,18 €.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.191.735,54 €. Importe total: 1.442.000,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 4 de abril de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 31 de xullo de 2017.

c) Contratista: Producciones Mic, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 1.036.000,00 €. Importe total: 1.253.560,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza