Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2017 Páx. 40880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 21 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2017/089-1).

Expediente: IN407A 2017/089-1.

Solicitante: Central Eléctrica Industrial, S.L.U.

Denominación: LMTS e LBTS O Souto Fernande.

Concello: Ames.

Características técnicas:

LMTS desde cela de saída do CS O Souto Fernande existente (expediente IN407A 2014/136), cunha lonxitude total de 515,50 metros en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240 AI), pasando por 6 arquetas (5 que se instalarán) ata rematar en apoio existente HV630/R15, nº 10-11 (expediente IN407A 2016/1162-1). Sobre o apoio realizarase paso aero-soterrado (P.A.S.) con condutor illado en XLPE-20 kV, 3xPAS-50, cunha lonxitude total de 7 metros coa instalación de elementos de manobra (CXS) e protección (pararraios).

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 21 de xullo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña