Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2017 Páx. 40690

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (83/2017).

DSP despedimentos/cesamentos en xeral 83/2017

Procedemento de orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: José Manuel Casas Señarís

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandados: CRE Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste Slaaenor, S.L., Asesoría Moreira Renovables, S.L., Amore, S.L., Fogasa

Avogado: Manuel Míguez Senra, Manuel Míguez Senra, letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Manuel Casas Señarís contra CRE Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste Slaaenor, S.L., Asesoría Moreira Renovables, S.L., Amore, S.L., Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co nº despedimento/cesamentos en xeral 83/2017 se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste Slaaenor, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 8.11.2017, ás 9.50 horas, na planta baixa, sala 3, Edificio Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Despois de solicitarse o interrogatorio dos representantes legais das empresas demandadas e sendo a mesma persoa xurídica han de facerse as advertencias que se conteñen no artigo 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón o devandito precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos, deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tivesen actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

A achega ao acto do xuízo dos seguintes documentos: referidos no escrito de demanda ao segundo outrosí di, documental, punto 1, 2, 3 e 4.

Advírteselle que se os citados documentos non se achegan ao xuízo sen mediar causa xustificada, poderán estimarse probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 da LXS).

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, poñerán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste Slaaenor, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza