Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2017 Páx. 40688

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (874/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 874/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Troiteiro Quinteiro contra a empresa Alfonso Balo Silva e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Verónica Troiteiro Quinteiro contra Alfonso Balo Silva (Café Bar Cousins-Loto Azul) e contra o Fondo de Garantía Salarial, debo condenar e condeno a Alfonso Balo Silva a aboarlle á demandante a suma de 3.563,16 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución. Condeno, así mesmo, o empresario demandado a que proceda a cursar, con efecto retroactivo, a alta da demandante no réxime xeral da Seguridade Social, con aboamento das correspondentes cotizacións por todo o período de tempo en que a demandante prestou servizos para este e, así mesmo, condeno o empresario demandado ao pagamento das custas procesuais, incluídos os honorarios do letrado da parte demandante co límite de 200 euros.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alfonso Balo Silva, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza