1. Entidade adxudicadora:
Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.
Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.
2. Obxecto do contrato:
Descrición: servizo de mantemento e reparación de aparellos elevadores portas automáticas/motorizadas e instalacións electromecánicas instaladas en dependencias municipais ou dependentes do Concello de Vilagarcía de Arousa.
Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.
Prazo de execución: 2 anos prorrogables ata un máximo de dúas anualidades.
3. Tramitación e procedemento:
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 45.784,75 € (IVE incluído).
5. Valor estimado do contrato: 79.461,14 €.
6. Garantía provisional: non se exixe.
7. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa e na plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.
8. Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.
Clasificación: non se exixe.
9. Presentación de ofertas: 15 días contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no DOG ou no BOP. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa, a través da plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Teléfono: 986 09 92 00. Fax.: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es.
10. Admisibilidade de variantes ou melloras: si. Véxase anexo VIII do PCAP.
11. Apertura do sobre 3: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), os días fixados no anexo I.28 do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario ata un máximo de 2.000,00 €.
Vilagarcía de Arousa, 7 de agosto de 2017
Alberto Varela Paz
Alcalde