Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40632

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de licitación de obras na rúa San Salvador.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Área de Fomento. Nº expediente 4694-440.

2. Obxecto do contrato: a execución das obras do proxecto de implantación das políticas de desenvolvemento urbano sustentable (Vigo Vertical) entre a rúa San Salvador e a praza Isabel A Católica.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 8 meses. Prórroga: non procede.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 590.297,77 euros; IVE que soportará a Administración: 123.962,53 euros. Orzamento total: 714.260,30 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: si, por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE, cando a oferta adxudicada fose cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada, e fose xustificada adecuadamente.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocios. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato, documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría 3.

b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato executados, como máximo, nos dez últimos anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas). Indicaranse importe, datas e destino público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao dobre do prezo do contrato; documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría 3.

8. Presentación de ofertas: prazo: rematará aos 26 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnicas e económicas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: este proxecto é susceptible de ser cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe do 80 %, Proxecto Edusi Vigo Vertical. Se finalmente é aceptada a súa proposta, aparecerá na lista pública prevista no artigo 115, número 2, do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 decembro de 2013.

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 18 de agosto de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación