Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40637

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión, para os exercicios 2017 e 2018, á Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa).

De conformidade co previsto no artigo 9.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encomenda de xestión para os exercicios 2017 e 2018, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa), coas seguintes características:

Actividade: actuacións de acondicionamento da zona de acceso ao Parque da Balea da Cidade da Cultura de Galicia.

Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsa a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Prazo de vixencia: o prazo de execución será de catro (4) meses.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia