Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40626

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle POL-31 (expediente FG, número 612).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 29 de xuño de 2017, acordouse aprobar definitivamente o estudo de detalle para o solo urbano non consolidado POL-31, sito na praza da Rabadeira, en Oleiros, documento do 26.5.2017, nº 10614, coas seguintes determinacións:

Superficies de espazos públicos

Previsión do Plan xeral

Ordenación do estudo de detalle

Espazos libres V-111 zona 1

1.200 m2

425,42 m2

Espazos libres V-111 zona 2

801,77 m2, total = 1.227,19 m2

Equipamento DEP-48

1.200 m2

1.208,35 m2

Vías de aparcamento

2.232 m2

2.377,66 m2

Servizos urbanos

-----

18,30 m2

Total

4.632 m2

4.830,64 m2

A edificabilidade máxima do ámbito é de 0,75 m2/m2 que, aplicada á superficie neta privada que xera aproveitamento de 7.805,44 m2, dá unha edificabilidade máxima de 5.854,08 m2. Destes, como máximo o 30 % será comercial en planta baixa: 1.756,22 m2 e 4.097,86 m2 serán residenciais.

O estudo de detalle é unha disposición xeral, polo que contra el poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contados o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 1 de agosto de 2017

Ángel García Seoane
Alcalde presidente