Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40623

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, tramitación ordinaria e cun único criterio de valoración (poxa), dunhas parcelas sitas no ámbito da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Cañiza, no antigo mercado de gando (expediente C/817/2016).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello da Cañiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

– Enderezo: Secretaría, Casa do Concello, rúa Oriente 11, 36880 A Cañiza.

– Teléfono: 986 65 10 00/1.

– Telefax: 986 65 11 90.

– Correo electrónico: anxos@caniza.org

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.caniza.org

e) Data límite de obtención de documentación e información: o derradeiro día de presentación de ofertas.

f) Número de expediente: C/817/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de natureza patrimonial subscrito por unha Administración pública.

b) Descrición: licitación mediante poxa e por procedemento aberto das parcelas que se detallan no anexo I do PCAP.

c) Situación: antigo mercado de gando, concello da Cañiza.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (non SARH).

c) Criterios de adxudicación: un único criterio de adxudicación-prezo.

4. Orzamento de licitación:

Parcela

Superficie

Valor unitario

Valor por m2

IVE

Parcela B.01

2.000,13 m2

32.540,12 €

16,27 €/m2

6.833,42 €

Parcela B.02

751,83 m2

14.390,03 €

19,14 €/m2

3.021,90 €

Parcela B.03

750,21 m2

14.359,02 €

19,14 €/m2

3.015,39 €

Parcela B.04

751,58 m2

14.385,24 €

19,14 €/m2

3.020,90 €

Parcela B.05

753,81 m2

15.083,74 €

20,01 €/m2

3.167,58 €

Parcela C.01

840,10 m2

16.079,52 €

19,14 €/m2

3.376,69 €

5. Garantías exixidas:

– Provisional: 3 % do tipo de licitación, IVE excluído.

– Dada a natureza do contrato, non se exixirá garantía definitiva.

6. Requisitos específicos do contratista: vid. PCAP.

7. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio de licitación.

b) Modalidade de presentación: dous sobres pechados (sobres A e B). Vid. PCAP.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello da Cañiza, rúa Oriente, 11, 36880 A Cañiza (Pontevedra).

8. Apertura de ofertas:

a) Lugar de apertura: Rexistro Xeral do Concello da Cañiza, rúa Oriente, 11, 36880 A Cañiza (Pontevedra).

b) Data e hora: dentro dos dez (10) días hábiles seguintes ao remate do prazo de presentación de proposicións.

9. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

10. Outras informacións: vid. PCAP.

A Cañiza, 3 de agosto de 2017

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde